top of page

Centro Etnografico da Terra de Montes

  • Foto del escritor: Redacción
    Redacción
  • 16 oct 2016
  • 2 Min. de lectura

No Cetmo exponse unha colección de pezas da cultura agraria tradicional da Terra de Montes entre finais do século XIX e a década de 1970 que pretende amosar todo o entramado do mundo rural presente nesta comarca para ir introducindo ao visitante nos elementos distintivos da etnografía, a gandería, a agricultura e os oficios propios deste territorio. O edificio no que se atopa o CETMO é unha antiga vivenda que constitúe un interesante exemplo da arquitectura tradicional da Terra de Montes. Ten dúas plantas, a superior conta cunha estancia utilizada como recepción-biblioteca e catro salas expositivas. A planta inferior ten unha única estancia dedicada a sala expositiva e, no exterior, un pequeno patio de acceso á planta superior. O fío condutor da exposición é a vida cotiá da Galicia agraria tradicional na Terra de Montes. Estes contidos desenvólvense en diferentes ámbitos como a vivenda tradicional, especialmente os espazos do dormitorio e a cociña; a alimentación; os traballos do campo; os oficios tradicionalmente femininos vinculados á casa como o tecido; o mundo dos/as nenos/as, tanto no espazo familiar como no da escola; o fenómeno da emigración e os oficios tradicionalmente masculinos vinculados á madeira, a pedra, o ferro e a cera.

Máis información en:

http://www.cetmo.info Rúa do Pouso, 2. Soutelo de Montes 36560 Forcarei Tlf. 986753412 xerenciacetmo@gmail.com

Horario

De luns a domingo de 11:00-13:30 e de 17:00-20:00, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. O resto do ano: sábados e domingos de 11:00 /13:30 / 17:00-20:00, e de luns a venres con previa cita.

Entrada: gratuíta

Actualmente o futuro do CETMO está a espera da resposta da administración pública prá súa continuidade, despois do falecemento do seu fundador e principal impulsor, o noso benquerido Tino, esperamos que a resposta sexa a continuidade do CETMO.

Comments


© 2016 pola Verdade da Terra de Montes created with Wix.com

  • Facebook B&W
  • Twitter B&W
bottom of page