Terra de Montes, terra de músicos
- Redacción
- 20 ago 2016
- 2 Min. de lectura
Este recuncho vai a ser unha pequena homenaxe a tódolos gaiteiros da Terrade Montes xa que a maioria deles non eran famosos pero si populares e coñecidos, e gracias a eles tódalas festas e romerías estaban amenizadas. Mantiveron a música da gaita viva durante moitos anos e nos deixaron un gran legado cultural (repertorio, técnicas, vestiario…). Xa o decía a cantiga:
A Terra de Montes ten de todo coma en botica bos canteiros, bos gaiteiros e bos cregos para dicir misa.
No ano 1919 é o ano en que nace un de tantos grupos na Galicia rural. Fermin Cachafeiro viña xadunha familia de gaiteiros, cos seus fillos Avelino, Bautista e Victor Castor, formaron con el e mais coa sua tia Andrea o quinteto “Gaiteiros de Soutelo” Avelino, de oficio ferreiro, deprendera do seu avo Xoan o manexo da gaita e, con pouco mais de vinte anos, era lider dun grupo que non daba abasto ós seus compromisos en toda Galicia.
En 1922, Avelino entra no coro da Sociedade Artistica de Pontevedra. Xa dentro do “circuito” urbano da musica tradicional, acude ó certame do 25 de xullo de 1924 en Compostela. Mais importante que quitar o primeiro premio foi ser proclamado naquel data “mellor gaiteiro de Galicia” polos galeguistas máis esgrevios. En Santiago estahan. co gallo dun concurso literario, entre outros, Otero Pedrayo, Vicente Risco e mailo omnipresente Castelao, que acolleu ó Gaiteiro de Soutelo como prototipo da rexeneracidn gaitística.

Eran os tempos en que, apesares (ou mellor dito, a marxe) do esforzo de Feijoo por recobra-la estetica enxebrista, os repertorios e a imaxe dos gaiteiros esquecian o autoctono e rendian tributo a sociedade urbana. Na herdanza de Cachafeiro abonda na liña de fixacion do duo de gaitas como forma habitual de interpretación das melodías e do cuarteto ou quinteto como agrupacion máis frecuente. Unha renovacion na que non se acusa perda da identidade galega.
Como segundo paso á inmortalidade, Avelino e o seu grupo gravaron seis discos en 1928, na compañia Regal de Ourense Aí quedaron a Muiñeira de Chantada. a Alborada de Rosalia e outras pezas que hoxe se teñen por clasicas entre os gaiteiros. Outra asignatura, a do triunfo en America, foi aprobada cum laude. En 1930 recollen os aplausos de Bos Aires, Rosario,Córdoba e Montevideo.
Outro 28 de xullo, en 1935, once anos despois de que Avelino entrase na lenda, o Gaiteiro de Soutelo comparte escenario cun rapaciño de Viascón que cos seus irmans forma o grupo Airiños do Cañon de Buxo. Ricardo Portela gardou sempre unha lembranza moi garimosa daquel dia e de tódalas ocasións en que tivo ocasión de falar co mestre da Terra de Montes, ata a derradeira, no ano 1969.
Comments