top of page
  • Anonimo

A teoría de Darwin


Roquiño era un neno feuchiño, segundo o calificaba -cariñosamente- un bo amigo meu, quen sempre sostiña que: «de pequenos todos somos nenos lindos», pero que o que pasara con Roquiño era que

chegara tarde ó reparto de facianas, e, o pobriño, tivo que conformarse coas sobras que quedaban, ¡e así saíu el!, por iso eu penso que, o de feuchiño que dicía o meu amigo, era por non crearlle un trauma ó neno,

¡porque feo é a fartar; e por enriba aínda hai que engadir que, se a faciana de Roquiño era como era, tampouco o seu corpo tiña desperdicio, pois precisamente non era un Adonis. Tiña os brazos moito máis

longos que o normal, co cal as mans case lle chegaban ós xeonllos; era zambo, e con algo de chepa; así que vostedes, con estas notas, xa poderán facer un retrato de como era o pobriño de Roquiño, e coido que non

sairá moi favorecido.

Pois ben, Roquiño empezou as clases deste curso académico, xunto cos nenos da súa idade, a maioría dos cales xa foramos compañeiros seus en anteriores cursos; o que lles cambiou foi o Mestre, que foi un dos que

chegou de novas este ano ó Colexio, e ó que lle asignaron o grupo onde estaba Roquiño.

Un dos primeiros días das clases, o Mestre empezou a falarnos ós nenos sobre as pasaxes bíblicas acerca da creación do mundo e a creación do home, e transcribíalles do Xénesis:

«Dijo Dios: Hagamos al hombre a nuestra imagen, conforme a nuestra semejanza.... Y creo Dios al hombre a imagen suya: a imagen de Dios fue creado; hombre y mujer. Y Dios nos dio su bendición...»

Noutra pasaxe do Xénesis -comentou o Mestre- di: «Dios formo al hombre de polvo de tierra, le insuflo en su nariz profundo sopor, y el hombre durmió. Le quito una de sus costillas y con ella hizo a la mujer...»

Chegado a este punto, «Quiquiño» -que estaba moi atento- ergueu o eu brazo, fixo acenos coa man, e preguntou ó Mestre:

- ¿E certo que todo ocorreu así?.

- ¡Por suposto que así foi, meu neno!,- dixo o Mestre.

- Pois vostede verá, Sr. Mestre. Precisamente onte, despois da cea, estabamos a falar na miña casa meu pai, meus irmáns e mais eu sobre ese asunto da creación do home, e meu pai dixo que había un home, que se chamaba Charles Darwin, que aseguraba que nós decendiamos -por evolución- dos monos.

- ¡Mira neno, nós estabamos a falar en xeral, de como apareceu o home na terra, e dille a teu pai que na escola non nos interesa a historia da vosa familia, en particular!-

O mestre dixit!

20 visualizaciones0 comentarios
bottom of page