top of page

O pazo de Hermosende

  • Redacción
  • 13 feb 2017
  • 3 Min. de lectura

A partir do século XVI no concello de Forcarei viven varias familias que son consideradas fidalgas grazas a súa destacada posición económica, así como a seu emprego de escribáns. Trátase das familias Ogando, Soto, Ribera, Reigosa, Teixeiro, Cadavid, Ocampo… , que nalgún momento acaban relacionándose entre si.

Ao igual que outras moitas familias fidalgas do entorno de A Estrada, como os Leira Castro, Gómez de Castro, Bermúdez de Castro, etc., as familias forcaricenses obtiveron as súas riquezas a partir dos subforos, de préstamos e do seu emprego como escribáns, que acrecentaban grazas aos vínculos, morgados e matrimonios de conveniencia, sen embargo hai que destacar neste caso a importancia da contribución económica que diversos sacerdotes deron a súa familia a través das fundacións relixiosas. Trátase das fundacións de Ignacio Ribera, cura de San Xoán de Laxas (Boborás), Francisco de Soto cura de Millerada, Domingo de Lois cura de Cerdedo e do seu anexo Caroi, así como a de Francisco de Ogando Ribera cura de Cerdedo.

Pazo de Hermosende

Único pazo de arquitectura señorial da Terra de Montes do 1611. Tratase dunha casa de grandes dimensiones, destacando a súa chimenea, o muro que circunda a propiedade e un patio a modo de “eira” cun bo hórreo, mais os seus propietarios residen fora da comarca. É a casa máis vinculada á propia historia da Terra de Montes, pois nso podemos esquecer que dela sairon varios Xuices Merinos cá gobernaron. Entre eles Cristóbal de Soto Cortés y Buncharde, nombrado xuiz merino polo arzobispo Beltrán de Guevara no 1615. Cristóbal foi heredeiro do vínculo da casa de Hermosende, que pertenecera a seu tío, Francisco de Soto, rector e patrono da feligresía de Millerada e fundador da capela dos Remedios, en 1606, anexa á iglesia parroquial, que foi panteón familiar. O seu escudo representa as armas dos Senra, Fernández, Cortés, Soto e Ogando.

A pesar de cos pleitos do mosteiro de Acibeiro eran case continuos, sobre todo cos veciños das feligresías limítrofes, enemistándose cos xuices merinos, o siñor de Hermosende era aforeiro, casa da Inquisición e un grande amigo do mosteiro a principios do 1616. A tradición popular conta que: Para apoderarse das terras levaban un cabalo branco moi grande que ia abrindo camiño diante, e alí por onde pasaba ían cerrando todo, e ós labragos que tentaban paralo, collianos e levabanos pro pazo que pra iso tamén era casa do Santo Oficio.

Nesta época era procurador do convento fray Agustín García, por mandato do Abade Plácido del Corral, quen se querellou ante o Juiz de Montes por unha serie de feitos, onde o siñor de Hermosende condena a prisión a varias persoas, ingresando na cárcere de Soutelo de Montes. A partir de entón casi todolos siñores da mesma casa foron Juices Merinos, hasta a extinción da jurisdicción no 1811. Os outros Juices Merinos de Montes da mesma xeneoloxía foron os seguintes:

  • Francisco de Soto Cortés nado en el pazo de Hermosende, fillo de Francisco de Soto y Josefa Cortés.

  • Alonso de Soto y Cortés (1754), irmán do anterior.

  • Alonso de Soto Cortés y Varela Vaamonde, fillo de Francisco, nomeado Juiz no 1808 e despois primeiro alcalde de Forcarei.

Inscripción na capela de San Antonio de Garellas

Destacou no levantamento contra os franceses. En abril-maio de 1809 tivo lugar un enfrontamento contra eles en Acibeiro, recordo de elo é a espada do inimigo que había no pazo de Hermosende e que foi roubada en 2003 xunto cun reloxo e as imaxes de san Antonio e san Francisco do oratorio.

Localización:

Parroquia: Millarada (San Amedio)

Lugar: Malburgo

36556 Forcarei - Pontevedra

Coordenadas:

42º 34' 21.9" N - 8º 18' 45.0" W

Comments


© 2016 pola Verdade da Terra de Montes created with Wix.com

  • Facebook B&W
  • Twitter B&W
bottom of page