top of page
  • Zorrilla

Desfeitas en Soutelo de Montes

Neste artigo imos a detallar e describir a desfeita en nome da "modernidad" en Soutelo de Montes; non só nos referimos o patrimonio, non só falaremos de pedras senón moitas máis cousas.

Antiguo Palacio Arzobispal dos Xuices Merinos

Aquí non imos falar da desaparición do escudo que dicía PLAZA DA CONSTITUCION que estaba na antiga casa adicada a arquivo e xulgado dos Xuíces Merinos e que foi sede do concello de Sotelo-Pardesoa ata fusión con concello de Duasiglesias pra formación do actual concello de Forcarei. Tampouco da autorización do derribo ditas construcións ou a autorización de construcións modernas na aldeadarriba ou Vilapouca dabaixo. A construción dun punto de auga onde se atoparon dous urcéolos de época romana que se conservan no Museo de Pontevedra e nun dos cales figura a inscrición AQUILI / DLT. Non sinalar e conservar a necrópole da Braña dos Mouros, onde apareceron tégulas e laxas de pedra traballada. O esquezemento de Virxilio Vieitez e a súa obra e máis cousas.

FEIRA DE SOUTELO

Segundo consta no Archivo do Reino de Galicia, no século XVII crease a feira comarcal de Montes en Soutelo segundo argumenta o Capitán Alonso Gosende ante o escríbano Benito Dogando que “para la utilidad y comodidad de los vecinos y de la comarca, porque dicho lugar de Sotelo de Montes es cabeza de dicha jurisdicción y está en el contorno y en medio de ella, donde de ordinario habitan y residen los jueces… además de que los lugares de Sotelo es paso y camino real de Castilla, Orense y Ribadavia y Santiago y todos los puertos del mar por donde ordinariamente pasan los caminantes, recuas y otras cosas que llevan y traen para la provisión de dichos lugares”.

Aqui vemos os pendellos mailos carballos xa cortados.

Segundo datos consta que entre 1964 y 1969 pasaron pola feira de Soutelo 7,500 cabezas de gando bovino, 15,000 de porcino, 6,500 de lanar y 3,000 de cabrio. Cando en 1969 intervén o Estado neste campo, o concello de Forcarei decide crear unha feira de gando no Cachafeiro, que hoxe se adica coma garaxe do concello.

No 1980 inaugurouse unha praza en honra dos Gaiteiros de Soutelo, con total merecemento mais o concello de Forcarei escolle coma lugar ao campo da feira derrubando os chamados cubertos (ou pendellos), desfacendo así un complexo arquitectónico do século XVII e cambia de lugar o peto das animas perdéndose misteriosamente a santiña de pedra e o enreixado de ferro do peto . No 1964 o concello de Forcarei expropia a carballeira da feira, poxando os solares aínda que a poxa queda deserta xa que a dona da carballeira oponse contra o concello e os caciquiños que declaran que esa señora estaba tola.

Na foto aérea do 1952 (branco e negro) pode observarse a redución que se fixo na carballeira.

ARQUITECTURA RELIXIOSA

Da antiga reitoral da Madalena (vendida en 1972 e composta por casa, horta e hórreo), conservase o agnus Dei no portalón da entrada da nova reitoral está en Soutelo (1968) e que se fixo coas pedras da antiga igrexa da Madalena, conservase ás campas que se trouxeron para igrexa nova pero nada se sabe do retablo maior e outras cousas que serian de interese.


ALDEADARRIBA

Pola rúa principal pasaba o antigo camiño Real de Castilla, ata que nos anos 20 do século XX construíuse o trazado moderno da Nacional Ourense Pontevedra polo barrio da Cacharola.

A Rúa Real era de lousa polo centro pros carros e as veiras eran de terra, que aproveitaba os veciños. Nesta foto do noso mestre fotografo Virxilio Vieitez podemos observar as lousas.


Nos anos 80 a modernidade pasa por asfaltar tódalas rúas da aldeadarriba, tamén a Xunta firma unha plantación coa comunidade de montes e planta pinos do pais no monte Carrascal (do estado das perto de oito mámoas prefiro non falar porque non sei coma están) desaparecendo tramos do camiño da Brea (Camiño Real de Castilla) nos que aínda se conservan as lousas do trazado orixinal. As dúas eiras comunais de hórreos en estado de abandono das institucións que teñen a obriga de velar pola súa conservación.

EIRA DE MALLAR

En Soutelo había dúas eiras de mallar, unha na aldeadarriba parte que pertenceu a parroquia de Pardesoa en estado de abandono de propiedade municipal (embargada polo Concello de Forcarei) e unha na aldeadabaixo sita onde se fixeron os grupos escolares seguindo o Plan Villar, non queréndose facer ditos grupos escolares onde estaban os vellos (hoxe biblioteca e centro de saúde) xa que os terreos do monte comunal embargados o veciños de Soutelo do medio preferíronse vender coma solares pra lucro do concello de Forcarei.

Comparade a foto aérea da eira de mallar da aldeadabaixo co grupo escolar.

838 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
bottom of page