VIRXILIO BLANCO GARRIDO: óleos galegos e parisinos
- Redacción
- 6 mar 2017
- 3 Min. de lectura
Aqui unha sinxela homenaxe para aquel pintor inmorrente na memoria duns poucos que pertenceu á vizosa Terra de Montes berce dos saberes e das artes. Dentro de 4 anos será o 125 aniversario do seu nacemento, queda tempo pra que as xentes de Forcarei e as súas institucións vaian prerarando unha verdadeira e sentida homenaxe a este artista esquecido da Terra de Montes.
Naceu en San Miguel de Presqueiras, un 24 de novembro de 1896. Emigrou a Cuba no ano 1903, con so 16 anos en onde traballou coma camareiro e coma dependente nunha tenda de ropa, á vez que asistía a clases de dibuxo e pintura no Centro Galego de A Habana, no que exponen por primeira vez en 1922, nunha mostra de 25 cadros.

Autorretrato
Obtivo unha beca pra estudar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, tras rematar estos estudos, volve a exponer en A Habana. No 1925 se lle concede outra beca, esta vez pra continuar os seus estudos en París, onde contacta cos grandes mestres que residían na capital francesa, entre eles Joan Miró, Pablo Picasso ou Henri Mattisse.

Dos impresionistas aprendeu a técnica que lle caracteriza nos seus paisaxes. En 1931 volve a Galiza, expondo en Vigo, A Coruña. Realizou poucas exposicións das súas obras, expuxo principalmente en Vigo e Santiago de Compostela.
Levou unha vida bohemia, chea de dificultades económicas sobre todo na postguerra española na que seu arte foi case ignorado, morendo no olvido. Foi no 1975, cando un grupo de pintores galegos, admiradores e amigos, lle dedicaron unha homenaxe na súa parroquia natal na cal está enterrado.
A súa pintura é máis francesa que española. Dibuxou directamente có pincel, con mancha grumosa, firme e sensible. Os seus cadros están presentes en museos galegos y en numerosas colecciones particulares. Posiblemente unha boa parte da súa obra este repartida entre amigos e familiares, cuios descendentes non foron nin son conscientes do seu valor. Murió en el 25 de junio de 1948.

Como consecuencia da maior ou menor fortuna acadada no traballo, nas relacións humanas e nos círculos en que se moven, os creadores acabarán por conseguir unha importante proxección no seu presente e futuro ou permanecerán nun plano secundario mentres alguén non lidere a recuperación da dimensión humana e do labor desenvolvido. Quizais o artista Virxilio Blanco Garrido (San Miguel de Presqueiras (Forcarei) 1896-1948) forme parte dun importante número de personalidades moi destacadas da nosa historia que permanecen nun inxusto silencio, alonxados da popularidade e coñecemento que outras persoas da cultura si teñen adquirido. Formado desde moi novo na arte pictórica, Virxilio Blanco vivira en Cuba, Madrid, Paris -onde se formaría ao abeiro da obra dos clásicos-, Vigo, A Coruña e Santiago, tres das poucas cidades galegas onde se viron as súas exposicións. O óleo Vista de París, pintado en 1929, no que se enxerga parte da urbe entre azuis e marróns coa Torre Eiffel presente nunha imaxe bretemosa é, tan só, unha mostra da habelencia e manexo da técnica e das cores.

Esquecido por case todos (Antón Vilar Ponte e Laxeiro, entre algúns outros, sempre admiraron e respectaron o seu traballo), mesmo no intre do seu pasamento, este recoñecemento en forma de libro (Virxilio Blanco, lembranza) cunha tiraxe de cincocentos exemplares e editado na Terra de Montes, foi unha obriña dada ao prelo no 1975 (case trinta anos despois da súa morte) da man de Antonio Rodríguez Fraiz que foi quen de amosar un percorrido íntimo e pictórico do home tranquilo "que acadou, como moi poucos dos nosos pintores, dar pola cor as emocións que a paisaxe lle suxería /.../ por medio dos brancos e dos ocres, de intensa luminosidade na etapa parisiense". A esta homenaxe sumáronse Celso Emilio Ferreiro, Filgueira Valverde, Otero Pedrayo, Paz Andrade... e moitos colegas de profesión dos que se intercalan obras nesta publicación: Maside, Portela, Pesqueira, Laxeiro, Torres...
Comentários