José María Barreiro Gómez: Pintor expresionista.
- Redacción
- 2 jun 2017
- 2 Min. de lectura
Xosé María Barreiro Gómez naceu en Forcarei en 1940. Actualmente reside en Santa María de Cela no concello de Bueu (Pontevedra).

Inicia a súa carreira artística nos últimos anos da década dos cincuenta. A obtención de varios premios de pintura xuvenil e a participación nun seminario na Casa de Campo de Madrid con premiados de toda España, foron os grandes estímulos para os seus comezos no mundo da arte.
Froito da formación autodidacta e amasando grandes dotes para o debuxo, leva a cabo a súa primeira exposición individual no Ateneo de Santa Cecilia de Marín, convidado polo pintor Manuel Torres, con quen establece unha enriquecedora e sincera relación de amizade.
En 1963 trasladase a París onde permanecerá un ano. Coñece e estuda a obra dos impresionistas Picasso, Duffy e Matisse. Visita os museos e vive a vida bohemia intensamente pintando en directo o ambiente alegre e colorista da rúa.


De volta a Vigo intégrase novamente no ambiente intelectual da cidade. Traba amizade co pintor Urbano Lugrís co que comparte estudio e casa durante catre anos. Xuntos desenvolven unha serie de proxectos murais. Lugrís escribiu algúns artigos sobre a obra de Barreiro manifestando a súa profunda admiración. Presenta a súa obra en Madrid no ano 1968 na Galería Toisón. Os críticos Carlos Arean, Castro Arines e García Voñolas resaltan nos xornais madrileños algunhas das características máis notables da súa pintura. No ano 1969 trasladase a Bos Aires convidado polo, que foi o seu gran amigo e colega o pintor Laxeiro, a realizar unha serie de exposicións. Durante un curto espazo de tempo pinta no estudio de Laxeiro ata que se traslada ó barrio de Boca. Unha vez instalado, Barreiro vaise integrando na intensa vida cultural da capital porteña e faise amigo dos pintores Luis Seoane, Rómulo Macció, Tastagnino, Lopez Claro, Betinelli ... Alí realiza unha serie de obras que dan lugar a diversas exposicións no MEBA, na Galería Perla Marino de Bos Aires e na Galería Mar del Plata desa mesma localidade. O que en principio ía ser unha estancia curta convértese nun período de catro anos no que Barreiro activará a súa produción pictórica traballando ó mesmo tempo en proxectos decorativos e ambientais no departamento artístico dos Almacéns Harrods. Viaxa a Chile, Brasil e Uruguay.
A partir de 1974 a súa actividade profesional vai en aumento. No ano 1989 Barreiro expón na sala de arte madrileña Durán, onde volverá, cada dous anos, con notable éxito. No ano 1991 1eva por primeira vez a súa obra a EEUU, presentando a súa pintura en ART CHICAGO. No ano 1992 participa en ART MIAMI e manterá a súa presenza durante cinco anos máis. No 1997 amosa a súa obra na Feira internacional de Gante. Barreiro consolidou nestas tres décadas unha linguaxe plástica identificable e persoal na que cabe destacar a forte personalidade do debuxo e a gran liberdade no emprego da cor, así como a acusada sinxeleza e proximidade no trata mento da temática elixida.
Con máis de trescentas exposicións individuais e actividades levadas a cabo sobresae a proxección da súa obra fora do seu propio país e o recoñecemento e respecto cada vez maior da súa figura.
Para máis información podedes consultar a súa web oficial en: www.jmbarreiro.com
Comments