top of page

Cea de noiteboa na Terra de Montes

  • Redacción
  • 20 dic 2019
  • 2 Min. de lectura

Recomendamos neste nadal cear un bacallau con coliflor están moi sabrosos e ademais é un prato moi completo que podese cociñar no teu Menú de Noiteboa ou en calquera outra ocasión.


É unha receita tradicional moi sinxela de preparar e non vai faltar en moitas casas de Galicia, na miña casa nunca faltaba, xunto coas galletas surtidas de Cuetara (algunha vez probei algunha tirada de orellas por comer as de chocolate antes da cea)

Pasiño a pasiño coma se fai un bacallau con coliflor

Deixar desalar o bacallau en auga templada durante 48 horas aproximadamente. Se mercas lombos conxelados de bacallau tes que desconselalos durante 2 horas a temperatura ambiente.

Para preparar esta receita de bacallau con patacas e coliflor utilizarase unha cazola ampla. Introducir as patacas, que se deben cortar grosas para que tarden en facerse o mesmo tempo que a coliflor, un chisco de sal e a coliflor en ramalletes. Cubrir o conxunto con 3 dedos de auga.


Quentar a lume lento (se non tes cociña de leña) ata que aparezan os primeiros borbotones para que coliflor e patacas queden firmes pero tenras. Cocer durante uns 20 minutos.

Nese momento, introducir os lombos de bacallau, esperar que ferva lixeiramente e manter entre 3 e 5 minutos. Retirar cunha espumadera os lombos de bacallau con patacas e coliflor a unha fonte e reservar.

Gardar medio cazo do caldo de cocción para a allada. Nunha tixola a lume vivo verter o aceite, a cebola, un chisco de sal e os allos. Cociñar ata que queden dourados. Engadir o caldo reservado e ferver 1 minuto máis. Retirar a tixola do lume e agregar o pemento, mesturándoo cunha culler. É importante que estea fose do lume para evitar que se queime. Deixar repousar a allada para que o pemento vaia ao fondo da tixola.

Asperxer a allada con coidado sobre os lombos de bacallau con patacas e coliflor e listo para levar á mesa.

Unha cousa a ter en conta pra que esta cea sexa exquisita é que todo sexa da vosa horta excepto o bacallau e o pimentón pra allada.

Tamén podes engadir uns garbanzos coas patacas o facer un arrozillo, apuntame o chef Miguel de Mesón Carola de Cerdedo, unha vez miña nai fixo o bacallau con grelos por non ter coliflor na horta.


Felices festas e ata o vindeiro ano.



Comments


© 2016 pola Verdade da Terra de Montes created with Wix.com

  • Facebook B&W
  • Twitter B&W
bottom of page