top of page

Estamos en marzo, que facer na horta

  • Foto del escritor: Redacción
    Redacción
  • 4 mar 2020
  • 2 Min. de lectura

Cando vivimos na cidade, non paramos a pensar no traballo que se require para que os produtos que consumimos cheguen ao noso alcance, nin nos meses que teñen que pasar para que nai natureza transforme as sementes en froitos que despois nos servirán. de alimentos. Hai 50 anos, a maioría das persoas que formaban as cidades procedían do campo e coñecían a orixe dos alimentos. Hoxe, unha porcentaxe moi alta da poboación da cidade, nunca viviu no campo, ignorando por iso as tarefas que se realizan ao longo do ano en diferentes lugares de cultivo.

Situado xa no século XXI, e coa axuda das novas tecnoloxías podemos facer posible que calquera usuario de Internet que teña a sorte de caer nesta páxina, o traballo necesario para ter unha boa orta, por suposto, non só para aqueles que naceron ou viven na Terra de Montes senon pra todos e todas que viven ou non perderon os seus orixes do rural. Lembrar que a primavera non sempre comeza o 21 de marzo.


Marzo é o mes para plantar a horta de primavera e planificar a de verán. Case todos os que vivides nas cidades e vimos o fin de semán a aldea ainda nos acordamos onde tiña a aboa a horta, asi que é un bo momento para ter a nosa horta.

“Marzo marzán, pola mañán cara de rosas, pola noite cara de can”. O comezo de mes fixo honor ao refraneiro popular, que xa nos advirte de que estamos ante un mes con fortes contrastes, con días de primavera, choivas e temperaturas nocturnas ás veces propias do inverno.Algúns consellos para traballar na nosa horta:


  • Para poñernos a traballar na terra debemos agardar uns días a que seque, é dicir a que estea en tempero, coa humidade óptima para que ao removela non se formen terróns, que serían prexudiciais para o desenvolvemento das raíces das plantas. Trátase de manter a terra coa maior esponxosidade posible.

  • Podemos seguir plantando ervellas, amorodos ou fabas lobas e empezar a sementar cebola.

  • Na lúa chea tamén podemos realizar a sementeira das patacas de cedo.

  • Tamén se pode plantar ao aire libre a partir de mediados de mes, cando haxa menos risco de xeadas, cenouras, espinafre ou acelga.

  • Este mes tamén podemos transplantar ao aire libre coliflor, repolo e brócoli de primavera. Igualmente, podemos plantar leitugas, protexidas para que non lles afecte a humidade, e porros.

  • Ademais, podemos facer porrales (semilleros) tanto ao aire libre como protexidos. Así, en porral descuberto podemos plantar acelgas, leitugas, remolacha vermella ou porros. No porral protexido -invernadoiro ou similar- podemos plantar cucurbitáceas (melón, cabaciña, sandía, pepino, cabaza..). En pequenos testos depositamos tres ou catro pepitas e deste xeito podemos transplantar o cepellón chegado o momento, cara finais de abril ou comezos de maio.

  • A partir de finais de marzo tamén é unha boa época para incorporar á terra os abonos verdes que plantamos en outono, como nabos, centeo, avea ou cebada. É recomendable segalos e deixalos unha semana para que empecen a descompoñerse, antes de enterralos.

É un mes de traballo continuo e se tes tempo podes empezar a recoller leña pro inverno.

Comments


© 2016 pola Verdade da Terra de Montes created with Wix.com

  • Facebook B&W
  • Twitter B&W
bottom of page