top of page
  • Foto del escritorRedacción

O Castro de Magros

O castro está nun espazo montañoso de singular beleza, dentro dun dos roteiros planificados polo concello de Beariz e que parten da casa de turismo rural As Laxas. E o castro de Magros é un castro de lendas.

O castro localízase nun esporón orientado cara o S.-SO; obsérvase, por un lado, no O. varios aterrazamentos con indicios de posibles construccións. Pódese ver que todo o xacemento estabaamurallado; a anchura da muralla é de 4,5 m. No E. hai un recinto anexo ou antecastro, que está rodeado por unha muralla de 1,70 m. de ancho. O único sitio por onde se podía acceder a este emprazamento era o SE. No en. Hai un pequeño montículo que tería a función de parapeto e está entre dous pequenos foxos, necesarios nesta zona por cadrar coa aba dos cumios de maior altitude- Os sinais do derrube das murallas son evidentes.

Nótanse restos de construccións na croa e no montículo citado entre os foxos vense restos pétreos do que pode que fose algún torreón e muros do sistema defensivo na zona de acceso(foxo-parapeto-foxo). O eixo maior do xacemento vai en dirección en.-SO. No E. hai unha pequena vaguada que fai a función do foxo natural no que conflúen os dous foxos mencionados con anterioridade no NE.

Apareceron, en superficie, anacos de cerámica castrexa e galaico-romana, tamén a moa dun muíño de man e escoura de ferro. Na actualidade están depositados na Biblioteca do Concello de Beariz.

O castro está cheo de lendas, sempre lendas de ouro, e sempre lendas de mouras e en Beariz a xente continúa a contar as historias sen medo, nin complexos, nin vergoña. Algunhas destas lendas son:

  • “No tempo dos mouros ninguén podía ir ó castro. Os mouros tampouco saían del. Calquera que entrase no castro de Magros sería enmeigado”

  • “Os mouros eran moi ricos. Tiñan casas, vestidos, xoias e muíños para moer o ouro. As mulleres eran moi fermosas. Estas vestían con traxes de cores e despios botábanlle po de ouro para que brilase ó sol”.

  • “Os veciños vían ós mouros dende o Coto de Marcofán. Contaban que había moito ouro e moitas riquezas. Pero cando os mouros marcharon non se levaron nada, tiveron que deixalo”.Os vellos din que hai unha cova. No cume da entrada hai unha pedra moi grande. No edio dela hai debuxada unha pata de cabra. A persoa que entre e chegue ata o fondo dela atopará o ouro. A Cova da pata da Cabra está na aba N. do castro”.

  • “No castro de Magros había unhas mulleres mouras que lavaban o ouro e despois poñíano ó sol a asollar e, dende o Coto de Marcofán, podían velas os aldeáns.Os que non eran mouros estáballes prohibido entrar no castro e os mouros nunca falaban cos aldeáns. Un veciño foi un día ó castro para ver de perto o ouro que poñían as mulleres dos mouros ó sol. Cando ía chegando viu unha moza moura tan fermosa que se namorou dela nada máis vela. Enteráronse os mouros, porque o viron falar coa moza e condenárono a morte. A moura, que tamén se namorou do mozo, por salvalo da morte, botoulle un meigallo e convertiuno en piñeiro. Deste xeito a moura podía estar sempre a carón del, sen que os mouros nin os do pobo se decataran.O mozo desapareceu de Magros e a moura pasaba os días arrimada a un piñeiro, na aba do castro. E alí morreu, arrimada ó seu amor. Pouco despois o piñeiro tamén secou.”

138 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page