top of page

Do Canón de Pau á Carreta Amarela de María

  • Foto del escritor: Redacción
    Redacción
  • 28 jun 2016
  • 3 Min. de lectura

23 de Febreiro. Ese mes frío. Ese mes mollado. Ese mes tolo que nen sequera sabe cantos días tén. Febreiro, ese mes que os cotobadeses convertímolo nun dos de maior actividade no reino da Cubelandia, no que o orgullo de pertencer a esta nosa querida terra fíxonos revelarnos contra aqueles poderosos que a querían mancillar.

Ao igual que nos tempos pasados cando nos vales e montes do noso terrumio xentes do común sen altos coñecementos en tácticas guerreiras foron quén de esnaquizar aos xélidos druidas invasores.

Todo comezou noutro febreiro do ano 1809, cando aqueles homes e aquelas mulleres do campo e coidadores de gando uniron as súas forzas e o seu amor por Cotobade para frear as tropas francesas. Para elo, deseñaron unas das armas de destrucción masiva máis temida da recente historia. Foi o coñecido Canón de Pau, o noso querido Canón de Pau. Querido por tódolos cotobadeses e cotobadesas. É o símbolo de maior orgullo veciñal que une ás moitas xentes de ben que habitamos na Cubelandia.

Pois ben, outra vez febrero. Esta vez febreiro de 2016. Concretamente 207 anos despois, a veciñanza temos que nos xuntar de novo contra os tiralevitas Cubelman e Balseidervil. Neste febreiro os cotobadeses tamen loitamos polas nosas terras. Neste febreiro a tiranía de dous suxeitos carentes de todo senso ameazan de novo as nosas apreciadas terras do Canón de Pau. Máis polas nosas veas aínda pasa a forza e a valentía dos de antaño. Somos xente loitadora, orgullosa e perseverante.

Neste febreiro de 2016, os veciños tamén nos revelamos contra os poderosos comezando unha loita dura e desigual na defensa da nosa dignidade e dos nosos dereitos. Somos un pobo libre. Queiran o non así somos, pouco importa se os altos gobernadores do Reino pretenden oprimirnos empregando as armas máis desleais. Xuntos, cóvado con cóvado estamos a defender a nosa terra como antes fixeran os nosos antergos. A loita prevese escarnizada. Pero logo das últimas duras semanas de esforzo colectivo, as xentes de ben de hoxe podemos decir que estamos a protexer a nosa terra como xa fixeran os nosos heroes de 1809 axudándose do Canón de Pau.

Hoxe. Mes de maio. Un mes que recibimos con optimismo, con ledicia e coa forza que nos dan os primerios raios de sol que quentan as terras da Cubelandia. Un mes de esperanza. Unidos. 2 de maio de 2016. Día que xa pertence á nosa historia colectiva. Día que ben seguro os nosos historiadores, aínda que caladiños, están a anotálo nos seus cadernos de feitos destacados.

Para sempre o 2 de maio o "Día da Carreta Amarela de María". Ese día, axudados pola carreta amarela da nosa veciña María con matrícula 1.100, os veciños e as veciñas fomos quén de defender a nosa honra e a nosa terra.

Empregamos a meior arma de destrucción masiva que posuímos hoxe coma pobo: a democracia. A voz das xentes de ben. Batemos 1.100 veces as intencións perversas dos foraxidos Cubelman e Balseidervil. Batémoslle 1.100 veces aos maís sanguinarios da Cubelandia. Ese día os nosos temíbeis rivais decatáronse do poder dunha carreta ben cargada que lles pasou por riba. Decatáronse da poderosa forza do pobo. Perderon. Cubelandia está querendo pasar aos seus verdadeiros donos: aos combativos veciños do Canón de Pau. Continuamos a ser fillos de 1.809. Toda una honra.

Do "Canón de Pau a Carreta Amarela de María". Moitas son as semellanzas entre ámbalas dúas épocas. Máis existe unha grande diferenza. Noutrora o rei dos vales e os montes da bisbarra estivo a carón das xentes de ben. Unidos venceron. Hoxe os que se dan en chamar os reis da Cubelandia están aliados ao bando hostil. Aliados ao bando contrario dos intereses das xentes de ben herdeiras do Canón de Pau.

Longa noite de Pedra espéralles ao Cubulmam e ao Balseidervil. O "Día da Carreta Amarela de María" xa entrou no calendario das nosas lendas. A Carreta Amarela de María tornou xa no símbolo da revolta democrática. Fomos quén de demostrarlles que o poder recae no pobo e ¡¡ o pobo somos nós ¡¡

Plataforma Non á Fusión Cerdedo-Cotobade

Comments


© 2016 pola Verdade da Terra de Montes created with Wix.com

  • Facebook B&W
  • Twitter B&W
bottom of page