Un paseo pola Barcia do Seixo
- Redacción
- 5 jun 2017
- 2 Min. de lectura
Santa Ana de Barcia do Seixo, é unha parroquia do concello de A Lama (Pontevedra) pero pertecente a TERRA DE MONTES. O seu terreo é montañoso, duns 600 a 800 m. de altitude. Limita con Presqueiras, Xirazga e Avión.

A súas aldeas son: Barcia, Borralleiro, Cambeses, Carballeira, Cernedo, Eido Macho, Eido Tendeira, Gabián, Raices, Reconco, Taboadelo e Tatos. Esta parroquia na súa fundación só comprendía os lugares de A Barcia, Cambeses, ,Cernedo, Taboadelo e outros caseríos dispersos ata 1867, que se engaden Ricobanca de Xirazga, así coma Cernadelo e outros caseríos pertecentes a Presqueiras.

Cruceiro na Barcia do Seixo
O cruceiro érguese sobre unha plataforma de tres grandes chanzos cuadrangulares e unha base que serve de apoio ao varal. A sección do varal e cilíndrica. Remata nun capitel moldurado de influencia corintia do que arrinca unha cruz co seu corpo de forma rectangular. Nunha das súas caras está a Virxe co Neno en brazos; no outro lado Xesuscristo xacente na cruz. Na parte inferior hai un pequeno altar.

Iglesia de Santa Ana da Barcia
Porta de entrada adintelada con fronstipicio. Baixo outro fronstipicio está a imaxe de San Antón de Padua. Na fornela inferior estaba a imaxe de Santa Bárbara, que foi roubada. O campanario está situado no centro. O acceso exterio ao edificio é por unhas escaleiras. No seu interior destaca unha imaxe barroca dun crucificado de tamaño natural baixo a advocación do Santo Cristo do Desamparados, que xunto coa imaxe da Dolorosa e San Xoán, forman un fermoso calvario Conta tamén con imaxineria de principios do s. XIX de Rodeiro e Gambino e unha importante cruz procesional do XVIII en prata.

A Portalén do Monte Seixo
Esta paraxe natural situada no mítico monte Seixo forma parte do inmenso conxunto de lendas do lugar. Na portalén, segundo a lenda, a persoa que quixera falar cos defuntos tería que atravesar a porta de norte a sur, e entón podería ter contacto co mundo do alén. Despois tería que gardar silencio, se non a súa voz volveríase ronca ou podería sufrir males peores.

A casa retoral e outras obras dos canteiros:
Comments