top of page

Zobra. Paraiso natural

  • Redacción
  • 24 ago 2017
  • 2 Min. de lectura

Santa Mariña de Zobra é unha parroquia que do concello de Lalín pero da comarca da Terra de Montes. Segundo o IGE en 2011 tiña 152 habitantes (81 mulleres e 71 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 185 habitantes.

Nestes pozos podense buscar ouro, se vas provisto dunha voa criba.

Zobra. Espectáculo natural. Xoia do concello de Lalín. Apartada. Case esquecida. Galicia profunda e máxica. Non me canso de visitala.

Paraíso para o senderismo. Múltiples rutas parten e chegan a este lugar. Rodeada dos montes do Testeiro. Entre o couto de Zobra, o alto da Rabexa, San Bieito do Candán e o Testeiro. Alí está Zobra esperando que a vaiamos descubrir unha e outra vez, e sempre sorprende.

Torrentes de auga pura, bosques de carballos novos e acivros, pradeiras verde intenso. Terra escura cando as nubes esconden ao astro rei, e luminosa e radiante cando raia o sol.

Zobra é tamén centro parroquial. Outros lugares destacados dos arredores son Trigueira, Portomartín, Ameixedo, Chedas, As Liñeiras, Moa. Os roteiros que comunican estas aldeas están cheos de pura beleza natural e paisaxística, botánica e etnográfica.

Para chegar a Zobra dende Soutelo de Montes, imos en coche cara Lalín cara pola estrada PO-200 e desviámonos en Vilatuxe a esquerda pola estrada estreita que pasa polo Auditorio e a Igrexa parroquial de Vilatuxe. Seguimos as indicacións e despois de varios quilómetros chegamos a Zobra. As rutas empezan no centro da aldea ao pé da fonte.

Ruta Circular de Zobra

A ruta parte da aldea de Zobra e discorre polo Monte Rebexa, a Cima de A Ágoa, a aldea de Trigueira (parroquia de Zobra), o Sistema fluvial do Río Deza, a aldea de Portomartín, a ponte sobre o río de Zobra (afluente do Deza) e a aldea de A Moa, para finalizar no couto de Zobra. Este sendeiro ten desvíos opcionais, como o que vai cara o lugar de Ameixedo (Forcarei).

A ruta ten unha dificultade media e uns 30 km de lonxitude polo que se necesitan unhas 7 horas para percorrelo na súa totalidade. Pódese percorrer a pé, en bicicleta (dificultade alta polas fortes pendentes) e en vehículos de motor (moto de montaña ou quad). Todo o traxecto está perfectamente sinalizado e apoiado en varios puntos con paneis informativos.

Distancia: 29 km Tempo: 7 h Dificultade: media-alta Punto de saída e chegada: Zobra Circular: si

Comments


© 2016 pola Verdade da Terra de Montes created with Wix.com

  • Facebook B&W
  • Twitter B&W
bottom of page