top of page
  • Redacción

As funcións do monte veciñal en mancomún.


Ate hai uns 50 anos as persoas que vivían no rural estaban moi ligadas ao monte, casi como por un cordón umbilical. Do monte extraíanse cantidade de recursos para a vida das persoas e dos animais. Alimentos (froitos diversos, animales salvaxes), madeira (para calentarse, para cociñar, para facer as casas), plantas mediciñais, e recursos que ían destinados ao gando, como o estrumo, alimentos e pastos. É así que parece que os montes tiñan un valor máis vital do que teñen agora, por que aproveitabase moito para sobrevivir. Coa “vida moderna” a veciñanza dun lugar pasou a “usar” o monte doutros xeitos, e algunhas das funcións que cumpría o monte quedaron abandoadas ou en desuso, máis tamén apareceron outras novas.

Tes un cacho de monte? Pois planta eucaliptos: A silvicultura, o aproveitamento forestal, foi o recurso máis empregado polos propietarios de montes dende a dictadura ate hoxe. O abandono dos usos tradicionais trouxo unha transición na xestión e utilización do monte. Moitos convertéronse en monoplantacións de piñeiro ou alcolitos sen que agromasen novas ideas sobre como utilizarse. Moitos montes abandonáronse, outros cederon a súa xestión, etc. A recuperación da multifucionalidade. Nas nosas visitas a diversas comunidades de montes en mancomún, atopamos cantidade de usos que se lle están a dar ao monte na actualidade. Novos usos e novas formas de disfrutalo, valoralo e aproveitar os beneficios de ter un Monte Veciñal ao carón. Imos tentar facer una compilación dalgúns deses usos.

O monte é unha grande superficie, é quen de producir recursos materiais para as comunidades que os xestionan; estas comunidades tamén son capaces de producir recursos e bens inmateriais entorno ao seu monte, repercutindo no social. Como din a Lei de montes veciñais en mancomún as comunidades nos seus estatutos poden regular que tipo de aproveitamentos fan do monte e canto porcentaxe de beneficios ten que repercutir na propia comunidade. Cabe diferenciar dúas formas de aproveitamentos:

A) Aproveitamento de autoconsumo, que consiste en producir recursos ou dispositivos para o consumo ou uso social da propia comunidade. O monte proporciona recursos que melloran a vida da parroquia e do lugar.

B) Aproveitamento comercial, que consiste en vender o producido dende a propia comunidade, xerando unha sociedade; ou ceder, a cambio de un beneficio económico, espazos ou recursos a unha sociedade para algún tipo de explotación.

Ámbalas duas poden suceder ao mesmo tempo nunha mesma activide. Por exemplo un evento como a “Rapa das bestas”, ao mesmo tempo que é un evento cultural e deportivo para a comunidade, axuda a manter as bestas sanas e polo tanto o monte limpo, e poden xerar un beneficio económico da venta dos animais ou madeira, o que permite obter uns beneficios para invertir na parroquia, por exemplo na mellora da traída de augas, na creación dunha biblioteca ou para permitir o mantemento dun espazo de reunión para a comunidade. TIPOS DE APROVEITAMENTOS DO MONTE VECIÑAL EN MAN COMÚN

Eventos que consisten en comidas ou outras actividades culturais. Normalmente de caracter anual. Teñen un caracter social, axudan a cohesionar e reforzar a comunidade, a valorar o monte e os seus recursos, e a xerar historias e transmisión de coñecemento. Romerías e festas. Incluen comidas, xogos, actuacións, charlas, etc. Eventos relacionados co gando. Rapa da bestas.

Eventos culturais ou didácticos. Obradoiros, concursos ou actividaes relacionadas cos saberes, coa cociña, as artes plásticas, a artesanía, a literatura, a música ou as artes escéncicas. Roteiros, coma está a facer a CMVMC de Millereda Ligados ao patrimonio arqueolóxico ou histórico como petroglifos, mamoas ou muiños. Ligados aos recursos do monte, como cogumelos, especies de animais. Infraestructuras no monte.

Rutas para camiñar ou pasear, a pé, en bici ou en cabalo. Moitas veces as CMVMC acaban por adiantarse ao concello ou substituílo se este non responde ás súas necesidades, e construen ou arranxan infraestructuras e equipamentos para a comunidade, coma:

  • Arranxo ou construcción de infraestructuras.

  • Arranxo de pistas e camiños da parroquia.

  • Traida de augas.

  • Centro Social.

  • etc.

38 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page