top of page

E cando morramos ¿qué vai ser de isto?

  • Redacción
  • 27 feb 2018
  • 2 Min. de lectura

A principios de ano, tivemos unha trifulca dialectica no concello de Forcarei sobre a crises demográfica que soporta o concello. Moitas palabras, máis reproches e máis reproches: solucións REN de REN.

De momento, sólo temos unha verdade: FORCAREI ESTA A MORRER. A data do sepelio sería unha vez que facemos unha analise matemática rigurosa: O ano 2069.

Evolución da poboacion dende 1900 hasta 2017.

Segundo os datos publicados polo INE a 1 de xaneiro de 2017 o número de habitantes en Forcarei era de 3.523, é dicir, 98 habitantes menos que nol ano 2016. No grafico siguinte pode verse cantos habitantes ten Forcarei ó logo dos anos.

Cómo sera dita morte

Vamos intentar adiviñar o futuro e facer unha hipotese de coma poderia ser dita desaparición, sempre intentando non ser demasiado pesimistas nin ser pitonisos.

SUCESO 1º.- PECHE DA BIBLIOTECA E DA ESCOLA DE SOUTELO DE MONTES

Para este feito, vamos dar coma data posible que aconteza entre os anos 2020 ou 2021.

Para esto nos basamos no número de nacementos que se produxeron no concello nos derradeiros anos e que nos di que non é sostibel dos Centros de Primaria no concello:

  • Ano 2010 24 nacementos

  • Ano 2011 13

  • Ano 2012 18

  • Ano 2013 14

  • Ano 2014 19

  • Ano 2015 9

  • Ano 2016 13 nacementos

SUCESO 2º.- PECHE DO INSTITUTO DE FORCAREI

Debido a fusión do veciño concello de Cerdedo con Cotobade, os alumnos de Cerdedo pasan a ir o Centro de Secundaria de Tenorio, polo que a conselleria de Educación ordena o peche do Instituto de Forcarei. Esto poderia acontecer no ano 2021.

SUCESO 3º.- PECHE DO CENTRO MEDICO DE SOUTELO

Esto pasaria no ano 2027, no mes de julio unha vez celebradas as eleccións municipais de maio.

SUCESO 4º.- FUSIÓN DO CONCELLO DE FORCAREI CO CONCELLO DA ESTRADA.

Esta fusión teria lugar no ano 2028, un ano despois das eleccións municipais, sempre e cando gañasen os memos en A Estrada e en Forcarei. O partido politico é independiente do resultado da ecuación.

POST DATA.-

Dentro dos sucesos que plantexamos alguns podedes dicir que non puxemos o paso da AVE pola Terra de Montes ou a construcción da autoestrada Ourense-Pontevedra polo Paraño. NON

Xa dixemos que iamos aplicar un estudo matemático rigurosssssisimo.

Fora broma desexamos equivocarnos pero a verdade a veces pode ofender.

Comments


© 2016 pola Verdade da Terra de Montes created with Wix.com

  • Facebook B&W
  • Twitter B&W
bottom of page