top of page
  • Redacción

A horta (III): Sistemas de bancais


Cada horticultor elixirá o sistema de bancais,que máis lle conveña, tendo en conta as características da súa horta, a terra, o clima e os cultivos que desexe realizar.

Os bancais elevados, son bos para as zonas temperadas e húmidas, onde a auga do rego non é un problema pero si o é o asolagamento por exceso de choivas. Outra das súas ventases é que facilita as labores nos mesmos, xa que hai que agocharse menos que nos bancais planos ou fundidos e permiten posturas de traballo bastante cómodas.

Decántome polos bancais elevados, sobre todo no inverno. Cada quen fará os bancais, adaptándose a súa horta e a os seus gustos. Vou dar unhas medidas para ter unha orientación- 120 cm., de ancho, unha altura entre 30 e 50 cm., e uns corredores entre bancai de 50 a 60 cm., de ancho. A súa lonxitude non convén que supere os 6 metros.

Tamén podemos facelos a ras do chan ( ideais en zonas secas) terán unha anchura de -150 cm.-, na parte central se poñerán uns ladrillos ou pedras, para apoiar os pes e non pisar a superficie cultivada.

CONSTRUCIÓN DE BANCAIS ELEVADOS

  1. Dámoslle unha cavada profunda ao terreo que imos dedicar a facer os bancais. Antes de cavar, podemos estender compost para que se mesture ca terra, aínda que e mellor o compost na superficie (sin mesturar ca terra).

  2. Marcamos as medidas dos bancais, procurando que non excedan os 120 cm. de ancho e deixando un corredor como mínimo de 50 cm. A súa lonxitude estará entre os 4 e 6 m.

  3. Ca pala colleremos a terra dos corredores e botarémola sobre os bancais, que poderán ter unha altura entre 25 e 50 cm.

  4. Dáselle forma aos bancais e angazase depositando as pedras e terróns nos corredores. Despois desta operación o bancal sole ter entre 105 ou 110 cm., de ancho na parte superior.

  5. Estendemos de 2 a 4 cm. de compost e instalamos sobre el as mangueiras de rego por goteo interlineal -goteos cada 33cm.- ou mangueiras de exsudación.

  6. Os bancais están listos para plantar, teremos en conta ao transplantar cas raíces queden cerca das goteiras. Convén acolchar os bancais con palla para evitar a evaporación da auga e que non saian as malas herbas.

Aínda que pareza que facer todo isto é moito traballo, hai que ter en conta que xa quedan feitos para sempre. Cando cambiemos de cultivo, apartaremos a palla, agregaremos compost e volveremos a plantar sin remover a terra. Cando sementemos leguminosas – fabas, chícharos, xudías..- e raíces – cebolas, allo porro, allos..- non será necesario engadir compost.

Moveremos a terra, cando cambiemos de cultivo e a terra estea compactada por non ter acolchado e estar exposta a fortes choivas.

A fertilización en verde – con vezas e fabas forraxeiras – cada dous a tres anos, ou nos bancais que queden libres no outono, mellorará a estrutura en profundidade e fertilizará de xeito natural.

Fago bancais, pero ao rotar a horta cada ano, ao ano seguinte desfanse ao pasar o tractor. Oxalá! Algún día a miña horta sexa deste xeito, gústame o sistema de bancais, de feito o recomendo a xente, penso que si seguimos os pasos, traballar a horta pode ser moito máis agradable.

No tema dos materiais para facer os bancais, eu utilizo tablóns vellos, pero teño visto algúns con rodas vellas ou algún pipa vella que e lugar de frores ten prantadas fresas ou leituga. Aqui creo que a imaxinación galega fai autenticas locuras. A foto superior é duna horta do Brasil.

PLANTAR PATACAS EN BIDONS

Pra aqueles que nunca os planteastes cultivar patacas ma vosa horta, os direi que non teño nin idea de onde saleu a idea. Pero o gran maestro John Seymour xa falou de elo no seu libro El horticultor autosuficiente.

[…/…] Un método muy eficaz, y que tiene la ventaja de exigir muy poco espacio (es suficiente incluso con un patio), es el cultivo en barril. Se llena el fondo del mismo con una capa delgada de tierra y se planta una sola patata “semillera”. Se añade más tierra conforme la planta crece con el resultado que se forman nuevos tubérculos en el suelo añadido. Por último la planta verde emerge en la parte superior del barril. Hay que esperar a que florezca y entonces sólo se vacía el barril. Dentro aparecerá gran número de patatas. […/…] John Seymour, El horticultor autosuficiente (Página 134)

41 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page