Consellos pra cultivar a horta
- Redacción
- 14 feb 2020
- 2 Min. de lectura
Aínda que as choivas limitan a actividade da nosa horta durante este mes de febreiro, hai algúns labores que si podemos ir facendo e que irán preparando o noso terreo para a época de sementeira na primavera.

Ao mesmo tempo, as horas de luz van en aumento polo que xa podemos ir plantando algunha horta de primavera.Velaquí algúns consellos:
Podemos ir facendo os primeiros semilleiros de tomates, pementos, acelga, remolacha vermella ou leituga no invernadoiro.
Febreiro é tamén o mes límite para plantar allos, chícharos e fabas, cultivos que darán os seus froitos en maio-xuño.
Tamén podemos plantar cara finais de mes brásicas que recolleremos na primavera: repolo, coliflor ou brócoli.
Naquelas zonas máis cálidas de Galicia é posible plantar patacas de cedo. Tamén nas zonas de clima máis benigno podemos plantar leituga de tempada (folla de carballo, orella de mulo..etc) en exterior.
Febreiro tamén é o mes de poda das froiteiras e, se é posible, coincidindo días froito ou flor coa lúa devecente Tamén é o momento de podar e enxertar as viñas. Se podemos facelo en días de xeada e sen choiva, moito mellor.
Ademáis, é o mes idóneo para as plantacións de froiteiras (pereiras, pexegueiros, ameixeiras ou mazairas..etc). Tamén podemos plantar oliveiras e avelairas.
Polo demais, continuaremos recollendo os cultivos propios desta tempada: allos porros, repolo ou os grelos, no mes do cocido por excelencia.
Por último, podemos seguir acumulando algo imprescindible para a nosa horta: materia orgánica, ben mediante a compostaxe dos nosos resíduos domésticos ou acumulando folla e outros restos vexetais. Lembrar que o esterco que incorporemos aos cultivos debe estar maduro, sen fermentacións nin malos cheiros.

Poda e plantación de árbores froiteiras:
Por ainda que xaneiro é o momento para plantar a raíz núa árbores froiteiras de pebida, como maceiras, pereiras ou membrilleiros, senon pudestes facelo aproveitar febreiro que parece que esta sendo algo menos pasado por auga. Coincidindo coa parada vexetativa, tamén se recomenda a poda destas árbores, non así a das de óso, que se aconsellan podar en marzo.
Tamén debemos protexer das xeadas as árbores froiteiras máis delicadas, como laranxeiras ou limoeiros. Para iso podemos empregar mantas térmicas, ou outras cubertas que eviten as queimaduras da planta pola xeada.
Igualmente, durante o mes de xaneiro recoméndase realizar un tratamento con cobre co fin de evitar problemas graves de patóxenos neste campaña, así como para protexer as feridas e microferidas, provocadas tanto pola caída da folla como pola recollida dos froitos.
Polo demais, aconséllase, do mesmo xeito que nos demais meses, seguir elaborando compost orgánico con restos de peladuras, herba cortada, follaxe etc. Esta materia orgánica é a garantía dunha horta viva e produtiva.
Comments