top of page

A serra do Candan

  • Foto del escritor: Redacción
    Redacción
  • 9 ene 2017
  • 3 Min. de lectura

A serra do Candán e Cocos son dúas das zonas de media montaña máis valiosas de Galicia, polo que foi incluida na proposta de espacios naturais galegos susceptibles de formaren parte da futura rede europea de espacios protexidos Natura 2000.

Fai tempo escoitabanse conversas coma estas entre veciños; “Cando traía as ovellas topeime de frente cun grande moucho, levantouse e marchou por riba da devesa”. “Cando era nova baixaba á devesa e axudaba a carga-lo carbón das carboeiras. Facíase en tres días e despois vendíase. Tamén peneirabamos no río e en moitas casa aínda hai pequenas pepiñas de ouro”. “No sesenta rebentou a presa das minas e desfixo os muiños río abaixo”. “Hai seis anos só cegaba unha pista de terra. Tiñamos que levar o leite varios kilómetros ata o camión”. “Chamabámoslle casarellos. Eu pertenzo a familia de canteiros e debeu ser o que fixo que os conservaramos, pois as paredes estaban feitas con moita sabedoría”.

Así recordan as xentes do Candán o pasado e o presente vivido nesta paraxe, unha das principias áreas de media montaña galega. Próxima a zonas de alta densidade de poboación, permanece coma unha illa que aínda conserva un patrimonio natural, etnográfico e arquitectónico de extraordinario valor, merecedor dunha protección oficial. Hoxe este monumento a naturaleza é historia.

Onde o mosteiro de Acibeiro ve nacer o río Lerez ó pé do San Benito, que con 1014 m, é o cume da serra. O río Umia nace nas chairas que caracterizan a parte alta do Candán, onde abondan as charcas e as brañas e máilo monte baixo. E o río Deza baixa acompañado das carballeiras de mayor superficie de Pontevedra, encaixado no fondo dos vales.

O oso xa desapereceu a finais do século pasado, pero as numerosas albarizas dan fe de súa presencia histórica. Pero aínda goza esta serra dunha comunidade faunística variada, sendo unha zona de grande abundancia de especies, algunhas delas exclusivas do noroeste peninsular. E moitas delas catalogadas e consideradas pola lei como ameazadas e protexidas, coma poden salamántiga rabilonga, a serpe riscada ou a víbora de Seoane forman parte da serra e da súas lendas.

Entre as aves destacan as aves de rapiña, diurnas e nocturnas, é frecuente a cobreira, a tartaraña, a gatafornela, o falcón, o azor e o gabián. Moi esporádicamente, coma sucedeu nos anos 92 e 93, pode verse a águia real, a de Bonelli ou o voitre negro. Durante anos mitificouse o bufo real, hoxe extinto. No ano 95 observouse a avetarda nas estribacións da serra e o sisón.

As minas abandoadas e as árbores vellas que abondan nas carballeiras fan pensar no interese que ten a serra para as comunidades de morcegos, das que se atopan 4 ou 6 especies. Destaca a poboación de lebres, quen non acorda cando algún cazador baixaba polo camiño de Transdomonte cunha lebre arredor da cintura. O lobo, xunto coa nutria e o gato bravo, elevan a importancia da serra. A variedade da flora tamén é ampla, con presencia dalgunhas especies endémicas, tanto no bosque como nas brañas e no mato.

Esta biodiversidade, máis a composición paixasística, xustifican sobradamente a declaración deste espacio coma PARQUE NATURAL. Tal vez, esta medida evitaría a perda de calidade de medio e das súas especies debido á disminución grave das súas carballeiras, ó lume, á instalación de varios parques eólicos e líñas de alta tensón, o desvio dunha liña de alta tensión que arrasou o interior da serra, desta maneira poderiase garantir o futuro desta riqueza e das xentes que viven nestas terras e frear a emigración endémica do noso pobo, artellando novas fontes de riqueza e prosperidade.

Comments


© 2016 pola Verdade da Terra de Montes created with Wix.com

  • Facebook B&W
  • Twitter B&W
bottom of page