top of page

Plantando nas patacas

  • Redacción
  • 24 may 2017
  • 3 Min. de lectura

A pataca e un dos pilares da gastronomía da Terra de Montes e como tal témola presente todos os días nos nosos fogares en multitude de presentacións. Na agricultura convencional as patacas sofren un constante aporte de química de síntese, xa sexa nos abonos, na aplicación de herbicidas e fitosanitarios así como no posterior proceso de almacenaxe no que se lle aplican productos antixerminantes para que se conserven máis tempo .Hoxe estamos con Monchete que nos vai mostrar como se fai a hora de plantar as patacas mediante practicas de agricultura de Soutelo de Montes, respetando en todo momento os principios da agricultura con sentidiño. Imos ala:

Compoñentes da plantación:

1º a leira: esta leira, cedida por un veciño, e de uns 700 m2, recuperouse do seu estado de abandono, no que so criaba silvas e fentos, primeiramente mediante unha labor de desbroce, logo procedeuse a sucesivos pases de fresadora e de subsolador para arricar todalas raices que estaban soterradas. Non se usou o arado de vertedeira, o cal produce o volteo do terreo, cousa que non queremos pois estariamos a enterrar a capa fertil do terreo (a terra mais fertil e a que encontrase nos 15 cm superiores do terreo) e sacando a luz a que non posue nutrintes:

2º as patacas: aqui vanse plantar duas clases de patacas, a jaerla , que e de cedo e baraka, de ciclo mais longo e con mellor conservación. Estas patacas son certificadas, provintes da zona de Burgos e Alava, e isto e así pois esta zona é de montaña permite obter unhas patacas libres de enfermidades e nematodos. Indicar que antiguamente na zoa de Soutelo de Montes faciase troco coas patacas con veciños de Trasdomonte e A Ermida pra sementar. Non hay que esquecer que hay que partilas antes de sementar.

3º esterco: neste caso imos usar esterco pelletizado de ovella mesturado con outro de galiña, todos eles permitidos en agricultura ecolóxica. O ser pelletizado podemos administralos de maneira doada e o etar compostados podemos incorporalos sen medo a danar as raices das plantas. Se fosemos veciños do concello de Cerdedo poderiamos acollernos o Plan de Compostaxe do Concello pero en Forcarei, non temos esa posibilidade. Tamén é interesante botarlle un pouco de borralla da lareira ou cal a leira.

4º ferramentas: amais do tractor (plantar esta extensión unha persoa a man seria inviable) usaremos un rastrillo (para tapar) e unha legoña( para abrir os regos ate onde no chege o tractor e para endereitalos)

O proceso: como xa dixemos, a leira xa está preparada e primeiramente procedemos a apertura dos regos mediante un cultivador o que se lle adaptaron unhas legoñas de sachadora e que permiten abrir tres regos de cada vez posteriormente procedemos a colocar a semente no fondo dos regos a 30cm de separación, tendo moito coidado de deixar os xeremelos para arriba. Aqui toca baixar o lombo unha e outra vez polo que quedas valdado dos cadris ainda que antes dixemos que o abono pode ir en contacto coa semente, para curarnos en saúde, imos tapando as patacas con unha pouquiña terra a medida que as imos poñendo no rego, para a continuación aplicarlle o abono pelletizado para rematar a labor procedemos a tapar o rego e deixar o terreo chan usando o rastrillo e xa temos o cacho rematado, eso si, houbo que botar unhos cantos ¡¡¡ ai ¡¡ e fregar os cadris. Agora so nos queda esperar a que agromen axiña para asi continuar coas labores de sacha e arrendado (aporcar), doe o lombo de so pensalo. Unha cousa que antiguamente se facia era por un acolchado de palla que difilculta a presenza de malas herbas e manten o terreo protexido, (agora hay xente que merca un plastico agricola pra simular o acolchado) agora so queda que saian boas para que vos poidades mercalas nos nosos postos ou a través das cestas, ata loguiño¡¡¡¡

P.D: Podedes enviarnos os vosos comentarios de como facian na vosa aldea, interesante coñecer con quen se trocaban as patacas pra sementar, e como din pola nosa terra, inda menos mal¡¡¡ e ogalla que saian boas: ata loguiño¡¡¡

© 2016 pola Verdade da Terra de Montes created with Wix.com

  • Facebook B&W
  • Twitter B&W
bottom of page