top of page

Fervenzas da Terra de Montes

  • Foto del escritor: Redacción
    Redacción
  • 20 jul 2017
  • 2 Min. de lectura

Segundo o Diccionario da Real Acadameia da Lingoa de Galicia, Fervenza é un sustantivo femenino que significa: “Gran cantidade de burbullas que se forman ao precipitarse a auga dun río ou torrente por un desnivel brusco do terreo.” Outros nomes que se lle dan son: Abanqueiros, cadoiros, cascadas, cataratas, censas, cenzas, chorredeiras, chorreiras, fechas, férvedas, ficheiras, fírvidas, freixas, mergulleiras, pichos, picheiras, pincheiras, ruxidoiras, seimeiras ou tronadas.

Albiscábase a branca fervenza entre o verdor da fraga.

Non podemos por todas polo cal recomendamos visitar as seguintes fervenzas, unha delas esta no río Umia, tratase do Rego de Segun, onde tamén atopamos un fermoso muiño.

Entre Presqueiras e Pardesoa atopamos a Fervenza do Zoña, onde tamén nos atopamos cuns fermosisimos pozos.

Pero unha das máis fermosas e menos coñecidas é a fervenza da Freixa. Ó longo do río que forma o val de trasdomonte, o camiñante pode atopar infinidade de muíños, aínda en funcionamento, no que os paisanos moían o centeo e o trigo para facer o pan. Cada casa ten o seu forno, e ata hai pouco tempo todo o pan que se consumía era cocido neles.

Os muíños teñen repartido o tempo de traballo entre as distintas familias, e algúns deles dedicábanse á "maquía", moer para veciños doutros lugares cobrando unha parte do gran moído.

Os lugares de Trasdomonte non son, malia o seu illamento, dos máis atrasados da bisbarra. Neles hai luz eléctrica dende hai moitos anos, xa que na Graña construíuse a primeiros deste século unha central hidroélectrica, hoxe abandonada, pero da que se conserva o encoro.

Estas tres fervenzas son algunhas das que podense atopar na Terra de Montes, mais non debemos esquecer que podense atopar moitas outras coma a de Chamosa, en Rozados, en Carballas ou na Cabadosa.

Comments


© 2016 pola Verdade da Terra de Montes created with Wix.com

  • Facebook B&W
  • Twitter B&W
bottom of page